Dúas investigadoras da UDC demostran que a ciencia é cousa de mulleres no IES Parga Pondal

Amparo Alonso Betanzos e Bertha Guijarro no IES Parga Pondal
O alumnado TIC do centro carballés continúa co proxecto Wisibilízalas

Continúa o alumnado do IES Parga Pondal de Carballo canalizando o proxecto Wisibilizalas. A día de hoxe participa nun concurso internacional, organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona cuxo obxectivo é dar a coñecer referentes mulleres nos sectores STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) para fomentar que as rapazas se decanten por carreiras destas ramas.

Para facelo, este pasado mércores invitaron a Amparo Alonso Betanzos (Enxeñeira Química española, investigadora en intelixencia artificial, Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial (AEPIA)) e Bertha Guijarro (nvestigadora española e Doutora en Informática no campo da Intelixencia Artificial) para someterse ás preguntas do alumnado da optativa de TICs (Tecnoloxías da Informática e das Comunicacións impartida por Leticia Riestra) de 2º de Bacharelato. Todo o curso asistíu a entrevista a estas dúas mestras da facultade de informática da Universidade da Coruña.

Interesantes conclusións que botou o alumnado tras afondar en temas como se se sentiron nalgún momento discriminadas polo feito de ser muller nun ámbito maioritariamente masculino ou como podía motivarse as nenas para decantarse por estas carreiras.

Novas relacionadas