Sábado. 08.08.2020
El tiempo

CARBALLO

O IES Parga Pondal Vive la Vida con Coldplay

Xa nos fixeron gozar cun “singular bolero”, e volven en pleno verán para celebrar a Semana da Música. A clase de música de 1º de Bacharelato do IES Parga Pondal xuntouse durante o mes de xuño para gravar, cumprindo todas as directrices sanitarias, un dos proxectos que tiña preparados para a II Semana da música.

Un dos temazos é este Viva la Vida de Coldplay, tocando con máis de 20 xilófonos.

Un proxecto desenvolto polo alumnado con “compromiso, esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión e gañas”, como nos conta unha das mestras, Vanesa Lorenzo, “que nos permite plasmar na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo departamento de música”.

O equipo de música quere agradecer a dirección do IES Isidro Parga Pondal todas as facilidades para levalo a cabo, así como aos profesores invitados e aos técnicos de imaxe e son pola súa extraordinaria e magnífica aportación”.

Novas relacionadas

O IES Parga Pondal Vive la Vida con Coldplay