Martes. 20.10.2020
El tiempo

O alumnado do IES Parga Pondal gaña o certame Wisibilízalas Universitat Pompeu Fabra de Barcelona

Alumnado de TICS no IES Parga Pondal
Alumnado de TICS no IES Parga Pondal
O alumnado do IES Parga Pondal gaña o certame Wisibilízalas Universitat Pompeu Fabra de Barcelona

O IES Isidro Parga Pondal de Carballo vén de gañar o 1º premio no concurso Wisibilízalas na categoría de impacto nas redes sociais. Xa triunfara xusto antes da pandemia, e estes días a Universitat Pompeu Fabra de Barcelona vén de entregarlle o galardón ao alumnado de 2º de bacharelato da optativa de TICS (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e á súa profesora Leticia Riestra Ainsua.

O obxectivo principal deste concurso é loitar contra os estereotipos que asocian o traballo en STEM (Science, Technology, Engineering, Maths - Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas) co xénero masculino. Con máis de 932 estudantes participantes e 130 centros de 4 países: España, Venezuela, Colombia e Perú, os estudantes deste centro destacaron por encima do resto con máis de 1100 publicacións en Instagram, ademais doutro número parecido en Facebook e Twitter.

Coas súas publicacións foron ensinando as ferramentas e o traballo realizado, así coma información sobres as súas entrevistadas e entrevistadores, ademais de aconsellar lecturas, xogos e películas para fomentar carreiras de ámbito STEM entre as nenas. Destacar tamén as múltiples publicacións ofrecendo referentes femininos, así como divulgadoras científicas en redes sociais ou información sobre investigadoras, inventoras e mesmo artigos de blogues con información para romper estereotipos de xénero neste tipo de carreiras.

A provincia da Coruña estivo moi ben representada e tamén gañou o IES Monte das Moas na categoría Certamen
Wisibilízalas Sénior, mentres que o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, levou o 3º premio na categoría de Certamen Wisibilízalas Júnior.

Novas relacionadas

comentarios