Quercus Blues íspense no Espiral Maior Foro
O vindeiro venres, día 17 de abril, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) unha actuación musical extraordinaria do grupo musical carballés Quercus Blues, composto por Andrés Rey e Huguette Periscal; un acto que, baixo o título “Dúas voces, unha historia”, servirá tamén para presentar a súa última produción discográfica, que leva por título “Cara a cara”.
Actuará como mantedor do acto Xabier Graña, quen fará un percorrido polos máis de 40 anos de actividade musical dos compoñentes de Quercus Blues, toda unha historia artística desenvolvida en Carballo e levando o seu nome polo mundo (Festival Interceltique de Lorient, por exemplo), con temas musicais, ademais de clásicos internacionais do blues, que parten de textos de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Pondal, entre outros autores galegos.