Lanza hoxe “Talesien” o seu novo tema. Un Volver que chega ademais como o seu primeiro tema en galego, homenaxeando a todas esas persoas que se viron forzadas a deixar atrás a súa terra na procura dun futuro mellor.
”Estamos moi contentos co bo recibimento ao tema e aos novos membros da banda por parte dos fans e nos directos”, cóntanos Carlos Cotelo. “Seguimos traballando en novos temas e preparando o directo para este verán!”, avisa.
Aquí deixámosvos tamén co seu potente directo.