Senda Nova reflexiona sobre a invasión eólica no novo número da revista Abrindo Camiño

Gran espectación na presentación da Revista Abrindo Camino de Senda Nova no Espazo de Natureza de Oza

Xa está na rúa o novo número da revista Abrindo Camiño, da Asociación Ambiental Senda Nova. O Espazo da natureza de Oza acollía esta pasada fin de semana a súa presentación, na que se afondaba sobre os contidos da mesma.

A revista viaxa polas inxustizas do mundo, e vai ata Palestina ou ata Mauritania. Pero o tema central é a nova invasion de parques eólicos que estamos xa sufrindo na nosa comarca.

Hai sección de mocidade no IES Parga Pondal, e falan con personalidades como Xosé L. Rabuñal, un dos ornitólogos máis importantes do estado, sobre o tesouro no Esteiro do Anllóns.

Xa sabedes que podedes atopalos no pequeno comercio, por 2€, en lugares como:

  • Taberna O Logradouro (Carballo).
  • Libraría Teldi (Carballo).
  • Libraría Punto e Coma (Carballo).
  • Cervecería La Bombonera (Carballo).
  • Centro social Gomes Gaioso (A Coruña).
  • Casa Lino (Rus-Carballo).
  • Interfilm (Carballo).
  • Auris (A Silva).
  • Meson do pulpo (Carballo).

Novas relacionadas