Senda Nova reflexiona sobre a invasión eólica no novo número da revista Abrindo Camiño

10:58 09/03/21
Xa está na rúa o novo número da revista Abrindo Camiño, da Asociación Ambiental Senda Nova. O Espazo da natureza de Oza acollía esta pasada fin de semana a súa presentación, na que se afondaba sobre os contidos da mesma.
A revista viaxa polas inxustizas do mundo, e vai ata Palestina ou ata Mauritania. Pero o tema central é a nova invasion de parques eólicos que estamos xa sufrindo na nosa comarca.
Hai sección de mocidade no IES Parga Pondal, e falan con personalidades como Xosé L. Rabuñal, un dos ornitólogos máis importantes do estado, sobre o tesouro no Esteiro do Anllóns.
Xa sabedes que podedes atopalos no pequeno comercio, por 2€, en lugares como:
- Taberna O Logradouro (Carballo).
- Libraría Teldi (Carballo).
- Libraría Punto e Coma (Carballo).
- Cervecería La Bombonera (Carballo).
- Centro social Gomes Gaioso (A Coruña).
- Casa Lino (Rus-Carballo).
- Interfilm (Carballo).
- Auris (A Silva).
- Meson do pulpo (Carballo).