The Cerce lanza o seu primeiro disco en 20 anos e estréao en Razo

Son unha das bandas máis míticas da Costa da Morte, e levan tocando durante 20 anos, pero ata o momento non tiñan un disco editado. Esta semana estrean o seu primeiro traballo. “Eu son D’aqui” nace (aínda está no forno, acabando de gravarse) cun repertorio (blues, rock) íntegramente composto polo grupo tanto en galego e como en castelan.

A banda presentará o disco este sáabdo 15 de agosto a partir das 23:00h no Terra de Razo

É a primeira vez que lanzan así un directo integramente con cacións propias, con diversidade de estilos, principalmente rock e blues. As composicions (letra e música) son de Guillermo Mato, salvo algunhas letras que escribiu a súa filla Lara, e tratan moitos temas, “normalmente críticas sociais, pero tamen sentimentos persoais, incluso algunha de festa”.

”Este primer concerto é moi importante para nós”, recoñece o propio Mato,, “porque en el veremos a reacción do público e daranos pé a poder correxir algúns detalles”.

Xa teñen máis citas formuladas neste “Tour 26/27 que chaman “Eu son D’aqui” polo título dunha das cancións motivadoras do repertorio: en Carballo (28 de agosto), no camping Lago-Mar de Muxia (4 de septembro) e seguro que cae algún mais antes do que temos na Pousada da Galicia Imaxinaria (Boiro) o 20 de febreiro.

Máis novas