A Ultreia fisterrá Branca Vilela achega o Ara Solis a Carballo
29 de maio de 2026 (07:46 h.)
Despois de varias presentación, incluída na Casa de Galicia en Madrid, a poeta e narradora fisterrá Branca Vilela achégase a Carballo para presentar a súa novela “Ultreia no Camiño Inglés: a misión de Ara Solis”.
A cita será este, venres, día 29 de maio, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34).
Participarán no acto, ademais da autora, os estudantes Mateo Bermúdez García (do CEIP A Cristina de Carballo), Daniela Muíño Viña (do CEIP Fogar de Carballo), e o director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.
Máis novas