Branca Vilela lanzou a súa Misión do Ara Solis con Mar de Fábula en Camelle

O xoves, 28 de agosto ás 2000 horas, Branca Vilela presentou no local de Mar de Fábula en Camelle o seu último libro “Ultreia no Camiño Inglés: A Misión do Ara Solis”, unha preciosa historia a modo de fábula dunha nena que, na súa andaina no Camiño Inglés, vai facendo amigos que lle axudaran afrontar o fado que leva marcado para loitar contra a contaminación dos plásticos no mar e salvar o mundo.
Con esta temática, todos os alí presentes concordamos que non había lugar máis axeitado para presentar este libro que o local de Mar de Fábula porque nós somos tamén parte desa fábula na loita contra o lixo mariño dende hai 11 anos e lugar onde as cordas e anacos de plástico, nun proceso de alquimia ou metamorfose, toman formas de criaturas estrañas que xurden do fondo dos mares.

Neste acto, distendido e agradable, Branca Vilela foi presentada pola presidenta e o socio fundador de Mar de Fábula e foi acompañada pola alcaldesa de Camariñas, a concellala por Camelle, o exalcalde Pichurri e numerosos amigos, veciños e nenos que disfrutaron e riron coa representación teatralizada que a autora nos agasallou dunha parte do seu libro.