Venres. 29.03.2024
El tiempo

Branca Vilela, a alma dun recital poético solidario simultáneo por todo o mundo

Branca Vilela, a alma dun recital poético solidario simultáneo por todo o mundo
Branca Vilela Branca Vilela

“A Coruña doulle a vida, Muxía o sangue, Fisterra a alma e a poesía o latexo”.

Así comeza a biografía do seu último libro, porque Branca Vilela, dende moi nova, xa comezaba a gañar certames de poesía e relato curto a nivel comarcal. Foi no 2004 cando comezou a darse a coñecer no mundo literario, pois estivo moitos anos afastada do mundo literario como explicou non hai moito nunhas xornadas adicadas a muller no ámbito rural na Fundación Pondal .“O seu latexo non se podía conter nunha gaiola. Ninguén debe prohibirche ser ti mesma”, apuntaba animando ás mulleres a alzar a súa voz e loitar polos seus soños.

Sempre foi unha muller moi compremetida coas causas sociais e iso demostrou no libro “Préstame tu voz”, que definiu como un tratado das violacións dos dereitos humanos, que foi finalista do II Certamen Internacional Rubén Darío, coa colaboración de Amnistía Internacional a quen cediu todos os dereitos.

E non só demostra a súa solidaridade coa poesía de contido scial, a súa inquietude levouna a poñer en marcha un Recital Solidario a nivel internacional que comenzou súa andaina fai cinco anos e cada ano vai consolidándose con máis forza. A idea xurdíu a raíz dun recital que fixo na Sala Garufa da Coruña, cidade onde vive, e cando viu a sala chea pensou que recitar gratis podía revertirse en recaudar para a xente necesitada porque o día anterior vira na prensa as cifras da xente que xantaba na Cociña Economica da Coruña.

Esa realidade nas portas da casa impactona e de aí chamou a poetas entre outros a Xosé Iglesias, Eva Veiga, Yolanda Castaño… E como o Nadal é o tempo da solidaridade, fixose na data do día 21 de decembro.

A sorpresa xurdiu cando lle dixo a idea a unha amiga de Madrid que lle respondiu que lle gustaría atoparse na Coruña para intervir nese proxecto ao que Branca respondeu por que non o facían en Madrid tamén.

E comenzou a planificar de facelo en máis cidades polo que se puxo mans a obra, chamando as amizades por teléfono e polas redes sociais. E a resposta foi tan grande que traspasou os mares chegando hasta Arxentina, Miami, Perú, Holanda.

Neses días acababa de comenzar a súa andaina o primeiro Recital Poético Solidario Internacional. A artista de Ibiza Norma Cirulli, cediulles un cadro da súa autoria para o cartaz e na cabeza de Branca Vilela quixo facelo máis difícil todavía e pediulle a todos que se fixera a mesma hora, como di a poeta, para que unha marea de solidaridade percorrera a terra baixo un lema: “Verso, qué traes?. Esperanza”.

Eu participei no II Recital que se fixo na Costa da Morte na Capela do Pilar en Corcubión recaudando alimentos para Caritas e alí falamos dos lugares no que se estaba realizando e a lista era moi longa, entre outros: Barcelona, Sevilla, Madrid, Ibiza, Lugo, Ourense, Bilbao, Alicante, Italia, Honduras, Arxentina e ata EEUU. Dous anos despois volvémonos a encontrar esta vez no recital que se organizou en Arteixo para recaudar xogetes para a Cidade dos Muchachos. No seu compromiso cada ano Branca desprázabase a un sitio diferente para inaugurar o recital e participar. Lembro que ese ano foi a Lugo a Villalba e despois chegou a Arteixo case o final do acto e recitou.

Que o Recital regrese á Costa da Morte é pola tenacidade de dúas persoas comprometidas como son Suso Bahamonde e Branca. Tampouco que sexa en Cee é unha casualidade. A Cruz Vermella acaba de abrir unha delegación na vila fai uns meses, unha maneira de apoiar e como di Branca, agarda que a Costa da Morte que sempre foi tan solidaria, enchan a Casa da Cultura porque sempre hai que ter presente que ninguen sabe o que pode precisar.

A Casa da Cultura tamén foi o escenario escollido para a presentación da antoloxía “Costa da Morte, Territorio Literario” na que participaron 42 autores da nosa bisbarra entre pintores, fotógrafos, poetas e escritores e que coordinou Vilela e foi presentada tamén na Casa Galicia de Madrid. Ía a viaxar con esa obra á Feria do Libro de Colombia e Bos Aires pero por enfermidade da súa nai, a escritora pospuxo toda actividade para coidala.

Esta V edición do Recital Poético solidario engade novos participantes como México e Portugal e o compromiso de Valencia, Valladolid, Asturias de participar na siguente edición.

Vilela cóntame como si fora un segredo que non ten palabras para definir a emoción que lle embarga cando os recitáis acaban e mándanlle os vídeos e dinlle o que recaudaron, como si lle estiveran rendendo contas.

Dentro da diversidade das iniciativas que se artellan para recaudar máis fondos, recorda que en Canarias os poetas participantes fixeron unha bebida e pasteliños e vendianos para aumentar os ingresos. En Lugo os poetas doaron libros e aparte dos cinco 5€ da entrada para a Cruz Vermella fixeron unha rifa.

Antonte Branca foi de xurado no Certamen de Poesía Lorenzo Baleirón en Dodro e alí tamén aproveitou para comprometer a Santiago para o ano que vén. Non descansa.

Nunha ocasión dixo unha verdade como unha catedral: “Os poetas non vivimos da poesía, pero a poesía pode dar de comer aos demais”. Iso é o que hai que ter en conta o venres 21 en Cee.

Despídome de Branca no sen antes preguntarlle en que está traballando nestes instantes e que lle pide o novo ano. Non hai dúbida na súa resposta: “Ao ano novo pídolle que a xente tome conciencia e entre todos fagamos posible que as mulleres deixen de ser víctimas por ser mulleres e ocupen o lugar que se merecen e a mellor loita e educación, e que ninguén ante o sufrimento dos demais mire para o outro lado. No eido da literatura remato o ano recibindo fai uns días o meu novo libro “Adeus espido no mar” que presentarei no 2019. Tamén despido este ano sabendo que o libro “No silencio dos lapis” (Premio Escriduende 2018 na Feria do Libro de Madrid, ao mellor libro de poesía social) foi escollido pola revista “Educación 3.0” entre os dez libros recomendados para iniciar os nenos na poesía. Trata do acoso escolar, espero que sexa tido en conta nos centros da Costa da Morte como xa o é en moitos lugares, porque a poesía é unha maneira coma outra para denunciar e poñerlle voz as inxustizas nun mundo tan necesitado de valores”, conta.

Despidome de Branca Vilela, desexándolle moitos parabéns por esta inciativa solidaria, coa sensación de que para o 2019 falaremos nestas páximas da calurosa acollida que tivo en Cee o V Recital Poético Solidario Internacional.

O verso, trae esperanza a Costa da Morte. Agora depende de nós corresponderlle asistindo, por eles e por nós.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cee-acolle-un-recital-de-nadal-solidario-que-tamen-se-celebra-a-nivel-mundial/ https://quepasanacosta.gal/maria-lado-diana-varela-miro-villar-e-branca-vilela-4-costeirxs-na-antoloxia-de-poesia-contemporanea-galega-de-vicente-araugas/ https://quepasanacosta.gal/branca-vilela-presenta-en-cee-a-antoloxia-costa-da-morte-territorio-literario/

Comentarios