A Variante de Carballo comezará a ser unha realidade en 2020
09 de agosto de 2019 (16:12 h.)
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que lle trasladou o compromiso da Xunta de reservar nos Orzamentos de 2020 a partida necesaria para impulsar a variante deste municipio.
Vázquez Mourelle explicou que se prevé avanzar nesta infraestrutura dividindo a súa execución en dous treitos, cun investimento autonómico duns 30 millóns de euros. A Xunta está a traballar para poder iniciar as expropiacións o vindeiro ano.
Novas relacionadas
- Xuño 19: A Xunta comprométese a impulsar a Variante de Carballo.
- A eternamente necesaria circunvalación do polígono de Bértoa que conecte con Santiago.
- Marzo 18: A eternamente necesaria circunvalación do polígono de Bértoa que conecte con Santiago.