Vieiro Constrúe Habilidades Sociais nos coles de Carballo

Profesionais de Vieiro que irán polos coles no programa Constrúe
Vieiro Constrúe Habilidades Sociais nos coles de Carballo

Este martes 1 de outubro, arrinca en varios centros de ensino de Carballo o Programa de Prevención Escolar da Asociación Vieiro. O alunado de 10 e 11 anos (5ºe 6º) CEIP A Cristina, San Luís Romer, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa_Rus e Artai recibirán as primeiras sesións de Habilidades sociais no marco do proxecto “Constrúe”.

Este Programa, impartido por Adrián López Agra (educador social), Dalila Vizcaíno Regueira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga), está dividido en tres bloques:

  • 1.- “Acompáñote”: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais, para proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
  • ”Des-conecta”: 2 sesións que teñen como finalidade dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable, para evitar o abuso do uso das NNTT.
  • ”Ti eilixes”: 2 sesións para facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.

O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2019-2020.

Estudos de Vieiro