![asociacion-antidroga-vieiro]()
O pasado venres, as educadoras sociais de Vieiro presentaron o "Estudo dos hábitos de uso das novas teconoloxías"
Baixo o título
"Estudo dos hábitos de uso das novas tecnoloxías" as educadoras sociais da
asociación antidroga Vieiro - María José Dosil e Miriam Romero - presentaron o pasado venres un estudo piloto que naceu co obxectivo de coñecer os hábitos dos nenos e neas na rede. O estudo enmárcase dentro do
programa de prevención Desenrédate e nel participaron un 600 menores do municipio de Carballo con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.
Durante a presentación, as profesionais sinalaron que os resultados serven como unha primeira aproximación para coñecer os riscos e as oportunidades aos que se enfrontan os menores no uso das novas teconoloxías a través do móbil, videoxogos, aplicacións ou redes sociais.
Os datos
Case un 64% dos encuestados recoñeceron que entre a semana - luns a xoves - pasan entre 0 e 2 horas diarias diante dunha pantalla mentras que o 18,34% recoñece que lle adica entre 2 e 4 horas ás novas tecnoloxías. Os datos varían, e moito, durante a fin de semana. Ainda que o 38% dos menores encuestados afirman adicar entre 0 e 2 dúas horas diairias, "son significativas e preocupantes as porcentaxes que se rexistran nas demais franxas horarias", sinalan dende Vieiro, xa que estes datos reflexan ao seu parecer un uso abusivo das novas teconoloxías de información e comunicación.
|
0-2 |
2-4 |
4-6 |
6-8 |
8-10 |
10-12 |
12-14 |
+ |
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de luns a xoves |
63,87% |
18,34%
|
9,39%
|
3,96% |
2,51% |
0,53% |
0,53% |
0,53% |
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de venres a domingo |
38,01% |
27,13% |
14,56% |
12,85% |
3,70 |
2,54 |
1,49 |
1,32 |
O smartphone é o dispositivo máis empregado polos menores encuestados seguido da tablet e da videoconsola. As aplicacións máis usadas nos teléfonos son WhatsApp, Instagram, Youtube, Facebook, Snaptchat y Musically.
Entre os tipos de xogos cos que se entreteñen coas videoconsolas destacan o Clash Royal - un xogo combinado de cartas e estratexia - e o Fifa - xogo de fútbol -. Séguelle o Minecraf - un xogo creativo de construcción de "mundos abertos" -, seguido do GTA indicado para maiores de 18 anos e coñecido polo seu contido violento e "nada recomendable".
Con descoñecidos
A maioría dos encuestados neste estudo recoñeceron que xogan online con descoñecidos, seguidos dos que xogan en familia ou solos/as.
Desde a asociación Vieiro destacan a responsabilidade da familia neste eido e descatacan a necesidade dunha labor preventiva con programas como Desenrédate o cal proporciona información sobre as vantaxas e os riscos das novas tecnoloxías, formación teórico-práctica para un uso seguro e a promoción de alternativas de ocio saudables. "De todos é coñecido que os nosos nenos e nenas naceron na era dixital, pero iso non significa que sepan empregalas de forma axeitada e responsable. É responsabilidade de familias e educadores/as o facilitar unha incorporación positiva da tecnoloxía e un bo uso da mesma. As potencialidades son infinitas e os riscos evitables", sinalan dende Vieiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vieiro