Vieiro Constrúe Habilidades Sociais nos coles de Carballo
12:10 30/09/19
Vieiro Constrúe Habilidades Sociais nos coles de Carballo
Este martes 1 de outubro, arrinca en varios centros de ensino de Carballo o Programa de Prevención Escolar da Asociación Vieiro. O alunado de 10 e 11 anos (5ºe 6º) CEIP A Cristina, San Luís Romer, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa_Rus e Artai recibirán as primeiras sesións de Habilidades sociais no marco do proxecto “Constrúe”.
Este Programa, impartido por Adrián López Agra (educador social), Dalila Vizcaíno Regueira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga), está dividido en tres bloques:
- 1.- “Acompáñote”: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais, para proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
- ”Des-conecta”: 2 sesións que teñen como finalidade dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable, para evitar o abuso do uso das NNTT.
- ”Ti eilixes”: 2 sesións para facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2019-2020.
Estudos de Vieiro
- Vieiro e os coles unen forzas para previr de condutas de adicción en Primaria.
- Vieiro ratifica que un 40% de menores probou o alcohol coas sáus familias antes de cumplir 8 anos.
- Home cocainómano de entre 19 e 29 anos, o perfil máis tratado por Vieiro.
- Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.
- Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias.