Carnota prepara un Nadal para cativos

Carnota afronta un Nadal completo. Nadal que xa viven os cativos que acoden ás sesións dos Venres Lúdicos, que seguen a ser un auténtico éxito O primeiro venres deste mes os 30 nenos participantes fixeron unhas botiñas decoradas para poder colgar da cheminea ou incluso da árbore de Nadal, que ademais levaron cargadas de lambetadas. O segundo venres realizaron as figuriñas para montar o Portal de Belén no concello e expoñelo a vista de todas as persoas que nos visiten.

Programa de Nadal

Así, dende as Concellería de cultura, xuventude e deportes do Concello de Carnota, infórmannos da ampla programación navideña, adicada a tódolos públicos, pero en esencia para os nenos/as e mozos, que son os reis destas datas. Dende o 14 de decembro ata o 07 de xaneiro haberá actividades programadas para tódolos días e nas distintas parroquias:
  • Martes 14 de decembro: Entrega de premios do “IV Concurso de postais”, ás 11:00 h no salón de actos do Concello.
  • Venres 17 de decembro: Coma tódolos venres, os “Venres lúdicos” na biblioteca. Colaboración da ESMU no concertó benéfico organizado por ADISBISMUR, a partir das 18:00h na casa da cultura de Muros.
  • Luns 20 de decembro: Os paxes reais visitarán os colexios, gardería, centro de maiores e escolas infantís do Concello.
  • Mércores 22 de decembro: proxección dunha película de nadal ás 19:00 h nas cruces (Escola de música).
  • Xoves 23 de decembro: Obra de monicreques, no salón de actos do concello ás 11:30 h Concerto de panxoliñas, ás 20:00 h, na Igrexa de San Mamede.
  • Luns 27 de decembro: Torneo de ping pong, no pavillón de Lamas ás 11:00 h.
  • Martes 28 de decembro: Proxección dunha película infantil no colexio do Pindo, ás 19:00 h Obradoiro de “O Belén” con monitores, de 11:00 – 13:00 h na biblioteca do Concello.
  • Mércores 29 de decembro: Monicreques “Os músicos de Bremen” ás 18:00 h no salón de actos do concello.
  • Xoves 30 de decembro: Obradoiro de disfraces de Nadal con monitores, de 11:00 – 13:00 h na biblioteca do Concello. - Torneo de ping pong, no pavillón de Lamas ás 11:00 h
  • Luns 3 de xaneiro: Xogos deportivos, no pavillón de Lamas ás 11:00h - Mago Gran Pedrini con “Tempo de Maxia” ás 18:00 h, no colexio do Pindo.
  • Martes 4 de xaneiro: Proxección dunha película infantil na casa do mar de Lira, ás 19:00h Obradoiro con monitores, de 11:00 – 13:00 h na biblioteca do Concello.
  • Mércores 5 de xaneiro: Gran festa de Nadal no pavillón de Lamas, de 17:00 a 19:00 h con inchables, xogos, cancións, animación, mascotas e animadores mentres esperamos á chegada da Cabalgata dos Reis Magos, que saen ás 17:30 h de Lariño.
  • Venres 7 de xaneiro: Venres lúdico na biblioteca do Concello, ás 11:00h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.