Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Patrimonio e lectura unen a pequenos e maiores en Carnota

Patrimonio e lectura unen a pequenos e maiores en Carnota
Varias sobre as propostas que artella o concello de Carnota nestas datas. Propostas enfocadas a dinamizaer a vida cultura cotiá da veciñanza e que están tendo unha resposta social moi positiva.

Actividades de lectura

O pasado venres, 26 de novembro, o Centro de Día de Carnota acolleu un obradoiro sobre a literatura de tradición oral, organizado dende a Axencia de Lectura Municipal no marco do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo. Guiados polo poeta Xabier Xardón, os participantes repasaron algúns dos tópicos presentes en cantares populares ben coñecidos por todos eles. O recitado e comentario de cantigas serviu tamén para estimular a memoria dos nosos maiores, que sacaron á luz interesantes mostras na literatura popular da nosa zona.

Obradoiros de xogos tradicionais pera pequenos e maiores

Xa nolo preguntabamos hai un tempo: Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? Semella que hai concellos que si traballan pola recuperación do saber tradicional e patrimonio inmaterial. Niso se centra o Obradoiro de xogos tradicionais musicais que se desenvolverá o próximo 1 de decembro, organizado conxuntamente pola Axencia de Lectura Municipal, a Escola Municipal de Música e o Centro de Día. Trátase dunha actividade interxeracional coa que se pretende recuperar a cadea de transmisión do patrimonio lúdico galego e da tradición oral, con diversas dinámicas orientadas á interactuación de nenos e maiores.

Lendo con Rosalía

Por outra banda, o luns 29 de novembro desenvolveuse no Salón de Actos do Concello de Carnota o obradoiro de dinamización lectora titulado Coñece a Rosalía de Castro. A actividade, promovida pola Axencia de Lectura Municipal, concibiuse tamén como un encontro interxeracional, deseñado co obxecto de estimular a creatividade, fomentar o interese dos participantes pola literatura, así como reforzar os vínculos entre nenos e maiores e o seu coñecemento mutuo. A actriz Cristina Ramallal encarnou a Rosalía de Castro e, dende unha óptica lúdica, foi guiando os participantes pola traxectoria vital e literaria da escritora, con divertidas dinámicas e xogos de creación literaria.

Tamén en Caldebarcos

Non só dende o Concello artellan iniciativas interesantes. En Caldebarcos tampouco paran. De feito, este sábado 4 de decembro comeza o curso de pandeireta na escola de Caldebarcos a partid das 20:00h.

Non quedarán aí xa que continuará coa regueifa de sansón e jalletas de coco.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prens do Concello de Carnota da man de Luísa Beiro Agulleiroi.

Comentarios