Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Os xogadores do Deportivo achéganse ao Pindo

Os xogadores do Deportivo achéganse ao Pindo
Xogadores profesionais do Club de Fútbol do Deportivo da Coruña (Juan Domínguez, Rochela, Seoane e Laure) achegaránse o próximo día 15 de Decembro ata o Colexio do pobo do Pindo para charlar e animar os rapaces e rapazas que practican este deporte. Un encontro no que poderán descubrir e preguntar cómo facer para chegar o máis alto no mundo futbolístico, no que os xogadores compartirán as súas experiencias cos cativos e no que Fran Hermida periodista deportivo da Cadena Ser, fará de moderador afondando na situación e futuro do club. Este deporte ten moita acollida no Concello de Carnota  xa que arredor de 70 nen@s de entre 5 e 15 anos están formándose actualmente nas Escolas de Fútbol municipais participando e con bos resultados en diferentes competicións da zona,  con ilusión, por qué non, de ser algún día profesionais. Esta charla é organizada pola Peña Deportivista A Moa en colaboración co Concello de Carnota e poden asistir todos aqueles que o desexen as seis da tarde no Centro Educativo do Pindo.

10 anos de deportivismo na Costa

Este ano 2010 a Peña Deportivista A Moa cumple 10 anos de orgullo deportivista na Costa da Morte. Foron moitas as actividades que se desenvolveron durante este ano. O máis importante foi a organizacion da XV Asemblea da Federacion de Peñas do R.C Deportivo. Pero ademais deso, no mes de marzo organizamos unha ou en abril chegou Lotina para deleitarnos coa sua sabedoría, non soamente aos maiores senón tamén aos nenos e nenas dos Colexios de Carnota e O Pindo. Houbo, como non,varios encontros gastronómicos ao longo do ano que tamen desfrutamos, non soamente os peñistas senon os familiares e amigos de toda a bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios