Un agosto cheo de actividades en Carnota

Aínda queda no programa de xullo unha ruta nocturna polo Museo Arqueolóxico Aberto (para o mércores 28), un contacontos con Pablísimo (xoves 29) ou unha Visita Teatralizada ao Hórreo co “Gordo e o Flaco”. Pero os Departamentos de Cultura , Deporte e Turismo do Concello de Carnota xa dá conta do completísimo programa que ten artellado para o mes de agosto, e comezo de setembro.

Hai actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades, que inclúen teatro, cine ao aire libre, rutas turísticas, monólogos, contacontos, clown, música, maxia etc.

Para o público adulto cómpre destacar o Monólogo de David Perdomo o 8 de agosto no Pindo; a Visita Teatralizada da man de Pedro Brandariz e Fran Rei no Hórreo de Carnota o 13 de agosto e o Concerto de Cantigas e Agarimos no Pindo o 3 de setembro. E 2 proxecións de cine ao aire libre; Adú no Viso o 6 de agosto ás 22.30h e THe Way no Pindo o 18 de agosto (que era para xullo pero por mor da chuvia aprazouse)

Lembrade que para case todas fai falla inscribirse previamente no Departamento de Cultura: no tlf 647459445 ou ben no correo cultura@carnota.gal.

Moitas gracias e bo día