Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota presenta o seu campamento de conciliación e o programa cultural para este verán

Aldea de Veran de Carnota
Carnota presenta o seu campamento de conciliación e o programa cultural para este verán

O Concello de Carnota xa ten en marcha o verán pensando na veciñanza. Ademais da programación cultural e deportiva, xa abrirob o prazo de inscrición para o 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 Aldea de Verán, que se desenvolverá no Campo do Viso dende o 10 ao 15 de xuño para nenos entre os 3 e os 12 anos.
Poden inscrbirse na web municipal ou preguntar no 981857032.

Programa de verán

A programación de verán chega moi completa, cargada de propostas lúdicas, repartidas nos meses de xullo e agosto. Para a maioría delas é necesario inscribirse previamente no Concello, achegando os datos requiridos para cada caso, e asinar a autorización correspondente.

No caso de modificacións ou cancelacións por circunstancias xustificadas, o Concello avisará puntualmente a través da web do Concello (www.carnota.gal) ou do páxina de Facebook.

Máis información e inscricións no departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota ou chamando ao 981857032.

Programacion xuño e xullo Carnota 2021

Programacion agosto e setembro Carnota 2021

Comentarios