Luns. 14.10.2024
El tiempo

Un agosto cheo de actividades en Carnota

Porgrama Agosto 2021 CARNOTA
Un agosto cheo de actividades en Carnota

Aínda queda no programa de xullo unha ruta nocturna polo Museo Arqueolóxico Aberto (para o mércores 28), un contacontos con Pablísimo (xoves 29) ou unha Visita Teatralizada ao Hórreo co “Gordo e o Flaco”. Pero os Departamentos de Cultura , Deporte e Turismo do Concello de Carnota xa dá conta do completísimo programa que ten artellado para o mes de agosto, e comezo de setembro.

Hai actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades, que inclúen teatro, cine ao aire libre, rutas turísticas, monólogos, contacontos, clown, música, maxia etc.

Para o público adulto cómpre destacar o Monólogo de David Perdomo o 8 de agosto no Pindo; a Visita Teatralizada da man de Pedro Brandariz e Fran Rei no Hórreo de Carnota o 13 de agosto e o Concerto de Cantigas e Agarimos no Pindo o 3 de setembro. E 2 proxecións de cine ao aire libre; Adú no Viso o 6 de agosto ás 22.30h e THe Way no Pindo o 18 de agosto (que era para xullo pero por mor da chuvia aprazouse)

Lembrade que para case todas fai falla inscribirse previamente no Departamento de Cultura: no tlf 647459445 ou ben no correo [email protected].

Moitas gracias e bo día

Comentarios