Artesáns da Mariña Lucense buscan sinerxias turístico-artesáns en Carnota

A pasada fin de semana tivo lugar un encontro cultural moi interesante. Nove artesáns da Mariña Lucense achegáronse ata Carnora para manter un encontro con Nacho Porto. Toda unha referencia o carnotán, un exemplo de como convertir a artesanía nun atractivo turístico, un negocio sostible e sustentable. Porto recibíu a expedición xunto co alcalde Moncho Noceda, na procura de novas sinerxias entre a artesanía costeira e mariñá.

O encontro encádrase dentro do proxecto Rutas da Artesanía na Mariña Lucense que busca dinamizar o turismo a través da artesanía, desestacionalizar a tempada turística, ofrecer alternativa ao turismo de sol e praia converténdose mesmo nunha alternativa de turismo familiar e cultural e incrementar o gasto medio do turista na zona.

Ademais de visitar o obradoiro de Cornido, a expedición visitou a Aldea de San Cibrán, exemplo de aldea rehabilitada de grande valor turístico, e Caldebarcos, para xantar no restaurante Fontevella un menú tradicional a base de produtos autóctonos cociñados seguindo receitas caseiras. Ao remate do xantar os propios responsables da cociña do Fontevella explicarán aos artesáns os segredos dos sabores caseiros e a importancia de por en valor os produtos da zona. Esta experiencia piloto podería facerse extensible aos restaurantes da Mariña que participan nas Rutas da Artesanía.

Será o propio Nacho Porto o que realice unha visita guiada e didáctica aos artesáns da Mariña Lucense para que poidan constatar o atractivo da súa actividade e o interese que suscita aos visitantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.