Venres. 29.03.2024
El tiempo

O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño

O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño
 A comitiva institucional na Mostra de Olería de Buño 2012

Primeira fin de semana de barro en Buño e parece que a Mostra segue viva. E sobre todo, gracias aos centos de turistas que ateigaron o Centro Comarcal de Buño e disfrutaron tanto coas exhibicións en tempo real, como das actuacións musicais ou das exposicións.

A XXIX Mostra de Olería de Buño abría as súas portas o pasado venres 3 de agosto, e estará aberta ata o vindeiro domingo 12. A combinación entre venda directa de pezas e demostracións en vivo con obradoiros prácticos fai desta Mostra algo moi valorado polos visitantes.

Así, Buño é, ano tras ano, un escaparate da calidade e da creatividade da olería e unha referencia para o produto artesán galego. Unha Mostra apoiada ademais pola Xunta e pola Deputación, que invisten, sobre todo na innovación, a mellora da comercialización e a formación dos profesionais.

De feito, a comercialización segue a ser un dos cabalos de batalla máis grandes da artesanía galega, e os produtos sacados polas administracións non acaban de facer aumentar a demanda. Precisamente o Presidente da Deputación afirmaba que “desde a RETI que agora preside a Deputación, aproveitaremos todos os recursos para dar a coñecer a olería de Buño”, inferiu o presidente.

Aberta

A Mostra da Olería poderá visitarse en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Durante a celebración da mesma estarán abertos ao público o Ecomuseo do Forno do Forte e mais o Centro Comarcal de Bergantiños, e tamén se ofrecerán actividades con exposicións de olería, pintura e encaixe, obradoiros de barro para os máis cativos e música e danza tradicionais.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios