Carnota abre as portas por Semana Santa ca III Mostra Víndemo Ver

Xa se albisca a Semana Santa na Costa da Morte, unha das citas máis esperadas, sen lugar a dúbidas, do ano. E se xa coñecemos as propostas para as Festas do Cristo de Fisterra e da Mostra do Encaixe, hoxe facemos colleita doutra das citas que está collendo sona nos últimos anos, a Mostra Víndemo Ver de Carnota.

Esta iniciativa municipal persegue o obxectivo de dinamizar os diversos sectores económicos e promover os recursos endóxenos, a través da diversificación e a promoción do local. Un xeito de aproveitar a chegada de visitantes para amosar a nosa artesanía, os nosos produtos da horta, os nosos proxectos...

A feira vaise a desenvolver na praza de San Gregorio dende o día 17 ata o 20 de abril, en horario de mañá e de tarde (11:00 - 15:00 h e 17:00 - 21:00 h).
E se nas vindeiras semanas iremos coñecendo máis polo miúdo o programa, sabemos que se compaxinará con actividades como a II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT, que xa anunciabamos onte.

E tralos éxitos do ano pasado, como o ano da estrea co MAR de arte agrícola, non dubidamos que Carnota volverá ser un fervedoiro esta Semana Santa 2014.

Programación do Víndemo Ver 2014

XOVES 18 DE ABRIL
  • Ruta guiada de sendeirismo: itinerario polo Monte Pindo con subida á Moa. Saída ás 10:00 h, dende o cemiterio de Quilmas.
  • Substitúe o lixo por vida: actividade impartida por O Canto da Balea S. Coop. Galega. Praza de San Gregorio, das 11:00 h ás 14:00 h e das 18:00h ás 20:00 h.
  • Chapando a Rosalía: obradoiro creativo de chapas impartido por Fabaloba. Praza de San Gregorio, de 17:30 h a 19:00 h.
  • VENRES 19 DE ABRIL

    • III Ruta BTT Carnota (Bicicleta todo terreo) pola Senda Verde. Saída dende a praza de San Gregorio ás 10:30 h e chegada prevista para as 13:00 h.
    • Gústame o galego! Campaña de dinamización lingüística. Praza de San Gregorio, de 12:00 h a 15:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.
    • Substitúe o lixo por vida: actividade impartida por Canto da Balea S. Coop. Galega. Praza de San Gregorio, Das 11:00 h ás 14:00 h e das 18:00 h ás 20:00 h.
    • Charla coloquio: Galiza e a política común europea, con Ana Miranda. Salón de Actos do Concello, ás 19:00 h.

    SÁBADO, 20 DE ABRIL

    • III Open de Pesca Spinning "O Patín". Entrega de premios ás 12:30 h.
    • Ruta guiada de sendeirismo: Castro de Mallou e petróglifos de Carnota. Saída ás 10:00 h dende Mallou.
    • Renova a Camisola (Fabaloba): Obradoiro infantil de reciclaxe de camisolas e creación literaria. Praza de San Gregorio, das 12:20 h ás 14:00 h.
    • O Neno e a Estrela (Fabaloba): Sesión de contacontos arredor da figura de Díaz Castro. Praza de San Gregorio, das 17:30 h ás 18:15 h.
    • Díaz Castro Ilustrado (Fabaloba): Obradoiro infantil de ilustración a partir de poemas do autor. Praza de San Gregorio, das 18:30 h ás 19:30 h.
    • Substitúe o lixo por vida: actividade impartida por O Canto da Balea S. Coop. Galega. Praza de San Gregorio, das 11:00 h ás 14:00 h e das 18:00 h ás 20:00 h.

    DOMINGO, 21 DE ABRIL

    • II Carreira Viquinga de Carnota. Saída ás 11:00 h, dende a praza do Concello. (Pituf@s 300 m, Cativ@s I 1.000 m, Cativ@s II 2.000 m, Absoluta 16.000 m)
    • Xantar popular na carpa grande, ás 14:30 h (Inscrición previa: 981 857 032 Ext. 4)

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).