Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carnota pensa na II Carreira Viquinga, o Open de Pesca e a III Ruta BTT para a Semana Santa

Carnota pensa na II Carreira Viquinga, o Open de Pesca e a III Ruta BTT para a Semana Santa

Tralo fantástico éxito do ano pasado, volve Carnota prepararse para a II Carreira Viquinga. E tamén ten en marcha a III Ruta BTT, convertindo a zona carnotá no paraíso dos deportes de aventura. Ambas celebraranse na fin de semana do 19 e 20 de abril, en plena Semana Santa.

II Carreita Viquinga

II Carreira Viquinga Carnota 2014

O vindeiro domingo 20 de abril de 2014, en plena Semana Santa, Carnota acollerá a II Carreira Viquinga. O comezo da carreira será ás 11:00 h, aproximadamente, dende a Casa do Concello tendo 16 km de lonxitude para os viquingos máis bravos, os adultos.

Xa poden pedir máis información e inscricións enviando un correo a [email protected] ou no 981 857 032, e en breve en www.concellodecarnota.com, e poderanse facer ata o luns 14 de abril, ou ata alcanzar os 250 participantes.
O prezo de cada inscrición será de 3€, que se aboarán no seguinte número de conta: ES84-2080-0334-87-3110000035.
No pago débese facer constar o nome e apelidos do/da corredor/a, así como o nome da proba: “II Carreira Viquinga”.

III Ruta BTT

E dous días antes da Carreira Viquinga, o venres 18 de abril se disputará a III Ruta BTT de Carnota, con saída ás 10:30h da Casa do Concello. Tamén en plena Semana Santa.

Ruta BTT Carnota 2014

III Open de Pesca A Spinning de Carnota

Open de Pesca a Spinning Carnota 2014

A Semana Santa de Carnota chega completa ca III Mostra Víndemo Ver, e coa II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT. Pero tamén co III Open de Pesca A Spinning, que organiza a ACDR O Patín. A cita séra o sábado 19 de abril, a inscrición é de 5€.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios