Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Panorama volverá estar nas Festas do Cristo de Fisterra

A Panorama volverá estar nas Festas do Cristo de Fisterra
Semana Santa Fisterra 14 Festas

Non teñen parada estes de Fisterra. Aínda sen tempo a dixerir o espectacular entroido, recibimos xa a chamada da Semana Santa. E se xa temos dende hai un tempo o cartel coas actividades relixiosas, hoxe xa nos presentan as citas festexeiras das Festas do Santo Cristo 2014, unha das Festas de Interese Turísitico Nacional.
E si, estará de novo a Panorama en Fisterra.

As festas se desenvolverán do sábado 19 ao luns 21 de abril de 2014. O sábado sesión vermú light coa charanga do Rumbo de Sardiñeiro, e verbeneo nocturno coas Cinema e Tequila.
A noite do domingo é a forte, e trala Sesión vermú coa Faina, esta abrirá unha noite que pechará ao grande a Panorama.

Paara o luns haberá tamén sesión vermú coa Metrópolis que despedirá pola noite na verbena máis local.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios