Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico

Gran acollida a que brindaron os visitantes a Carnota na II Mostra “Víndemo ver”. Unha Mostra multidisplinar que pretende dinamizar os diversos sectores económicos e promover os recursos endóxenos, a través da diversificación e a promoción do local, e que este ano serviu ademais para analizar as potencialidades turísticas da zona. A Praza de San Gregorio non deixou de recibir xente, moitos dos que tamén tiñan tempo de achegarse á fervenza do Ézaro. E se o tempo non axudou, foi a vontade de todas as xentes de Carnota os que conseguiron que a fin de semana fose completa.

Xa repasamos a presentación das Xornadas de Castros a Castelos, e máis vimos o acontecido na II Ruta BTT, e ademais analizaremos a simpática e novedosa Carreira Viquinga. Pero tamén temos que repasar un pouco o desenvolvemento.

Os artesáns foron os auténticos protagonistas. A Mostra de artesanía, coa presencia de grandes artesáns como Nacho Porto Cerámica, Cerámica Unzueta, Charamusca, Taller Nordés, Agustín Romero, C. Canoura, E. Ferro, Gharabullo… foi o grande centro neurálxico da mesma. Durante a feira os artesáns realizaron demostracións en vivo e puideron ensinar toda a súa arte.

E non só artesanía, xa que o Concello tamén promove o Mercado de produtos agrícolas e gandeiros locais. Produtores de toda a zona que pasan cada mes pola Feira de produtos locais puxeron á venda e exposición os seus tesouros do agro (mel, produtos da horta, marmeladas, xabróns, cervexa, animais de curral, prantas ornamentais, etc.) demostrando que a natureza tamén trae moita arte, que ademais, alimenta.

E se de produtos locais falamos, cómpre destacar que paralelamente tivo lugar en Quilmas o primeiro dos 9 mercados ecolóxicos como 9 pléiades, con ata 30 produtores de toda Galicia, e continuando co proceso de convertir a aldea gala de Quilmas nunha referencia en ecolóxico a nivel galego.

Os nenos tamén estiveron ocupados cos seus talleres de pintura de reciclaxe, de reciclaxe de camisetas ou no Torneo 3x3. E tamén tiveron tempo para bailar nos continuos pasarrúas musicais preparados para a ocasión.

Durante o sábado tocou a xa clásica Ruta guiada de sendeirismo ata a Moa, i é que aínda hai xente que non a conoce, pero ademais hai xente que podería ir tódolos días.

E novedosa foi o achegamento da campaña de dinamización lingüística "Gústame o galego!" Veciños e visitantes posaron coas frases de auténtico amor á nosa lingua.

Os turismos en xogo

E tamén houbo tempo para as mesas redondas, como a que o salón de actos acollía na tarde do sábado sobre o turismo activo. Unha charla con varias entidades que propoñen actividades de aventura na zona, como Naturmaz en Mazaricos, Atlantis Adventure en Cee ou Nalú en Carnota e a de nova creación "O canto da balea" en Lira, que analizaron as posibilidade económicas en clave de futuro deste tipo de turismo.
E para rubricar este futuro, houbo unha demostración de Parapente dende o mirador de Louredo.

E que dicir das autocaravanas, que xa teñen en Carnota un punto fetiche. A II Expo-Caravaning trouxo xente de toga Galicia a través da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas), demostrando o potencial que pode ter esta clase de visitantes.

Novas relacionadas

Esta Semana Santa na Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).