Carnota fai unha vixilia poética por Palestina
08 de agosto de 2025 (08:48 h.)
Sen en Laxe toca o sábado, Carnota lémbrase de Gaza e Palestina hoxe venres 8 de agosto cunha Vixilia poética "Contra o silencio e impunidade" da comunidade internacional
Os colectivos organizadores fan un chamamento a toda a veciñanza a sumarse á Vixilia por Palestina o venres 8 de agosto, ás 20 h, nun acto de denuncia e rebeldía diante dunha situación que non pode seguir sendo naturalizada nin esquecida. Será unha noite de lembranza e de protesta, onde a nosa maior arma será a solidariedade activa. Ademais, haberá un recital libre por Palestina, con poetas que queiran compartir a súa voz pola xustiza, os dereitos humáns, a liberdade dos pobos e o fin do xenocidio.