venres. 08.08.2025
El tiempo

Carnota fai unha vixilia poética por Palestina

Vixilia Aberta por Palestina en Carnota
Carnota fai unha vixilia poética por Palestina

Sen en Laxe toca o sábado, Carnota lémbrase de Gaza e Palestina hoxe venres 8 de agosto cunha Vixilia poética "Contra o silencio e impunidade" da comunidade internacional

Os colectivos organizadores fan un chamamento a toda a veciñanza a sumarse á Vixilia por Palestina o venres 8 de agosto, ás 20 h, nun acto de denuncia e rebeldía diante dunha situación que non pode seguir sendo naturalizada nin esquecida. Será unha noite de lembranza e de protesta, onde a nosa maior arma será a solidariedade activa.  Ademais, haberá un recital libre por Palestina, con poetas que queiran compartir a súa voz pola xustiza, os dereitos humáns, a liberdade dos pobos e o fin do xenocidio.

Comentarios