venres. 08.08.2025
El tiempo

Laxe únese para esixir a Paz Urxente en Palestina

Laxe por Palestina
Laxe únese para esixir a Paz Urxente en Palestina

Se por Carnota organizan unha Vixilia por Palestina este venres, en Laxe cambian a poesía polas cacerolas, e propoñen para este sábado unha concentración ás 20 horas na praza de Ramón Juega.

A Asociación Ambiental Contramínate, facéndose eco da veciñanza de Laxe responde ao chamamento realizado por médicos e cooperantes que permanecen no escenario do terror, na franxa de Gaza. "Este é o único xenocidio na historia da humanidade que está sendo retransmitido en directo", entenden. "Porque ninguén pode dicir que non sabe o que está pasando como sucedeu na Alemania nazi. Porque ninguén pode negar que Israel asasinara a máis de 60.000 civiles, homes, mulleres e nenos, médicos, enfermeiras,  periodistas e traballadores de organización humanitarias.
Porque ninguén pode negar a condena a esta barbarie da que cada día temos un novo e terrible capítulo". 
Por todo iso a organización chama á participación cidadá pedindo unir voces en favor da "PAZ URXENTE" en Palestina.  
 

Comentarios