Carnota prantexa un Nadal para os máis pequenos

Xa coñecimos a Campaña "Ningún nen@ sen xoguetes", e hoxe damos conta das actividades que o Concello de Carnota artella para Nadal.

Un programa pensado en todos os cativos do municipio e acorde aos tempos de crise que estamos pasando, con actividades lúdicas, obradoiros, concertos e festas. Por isto, e porque os nenos son os reis do Nadal, desenvolveranse as seguintes actividades:

  • 16 de decembro: Colaboración da Esmu no Concerto Solidario a prol de Adisbismur, na Casa da Cultura de Muros ás 18:00h.
  • 18 de decembro: Entrega de premios do V Concurso de Postais de Nadal, ás 11:00 h no Salón de Actos do Concello.
  • 19 de decembro: Concerto da Escola Municipal de Música no salón de actos do Concello, ás 19:30 h.
  • 21 de decembro: Coma todos os venres, Venres Lúdicos, de 17:30 a 19:30 h, na Biblioteca Municipal (lembramos que este ano é unha actividade pechada para os/as 15 nenos/as xa inscritos/as).
  • 24 de decembro: Quedada de BTT (Mountain Bike) na Praza do Concello ás 10:00 h (organizado por un grupo de afeccionados carnotáns).
  • 26 de decembro: Proxección dunha película infantil no Colexio do Pindo, ás 19:00 h.
  • 27 de decembro: Contacontos de Nadal con monitores e coa participación dos usuarios do Centro de día, de 11:00 a 13:00 h, na Biblioteca Municipal.
    Proxección dunha película infantil na Casa do Mar de Lira, ás 19:00 h.
  • 28 de decembro: Venres Lúdicos, na Biblioteca Municipal, de 11:30 a 13:30 h.
    Torneo Feminino de Fútbol Sala en Lamas de Castelo, ás 17:00 h
  • 29 de decembro: Torneo Feminino de Fútbol Sala en Lamas de Castelo, ás 17:00 h
  • 30 de decembro: Teatro “Un par de ratos” co Trinke Trinke, no salón de actos do Concello ás 18.00 h
  • 02 de xaneiro: Xornada de xogos de mesa na Biblioteca Municipal , de 11:00 h ás 13:00 h.
    Proxección dunha película infantil no salón de actos do Concello, ás 19:00 h.
  • 03 de xaneiro: Torneo de Tenis de Mesa, no pavillón de Lamas de Castelo, ás 11:00 h.
    Contacontos de Nadal con monitores, de 11:00 a 13:00 h, na Biblioteca Municipal.
  • 04 de xaneiro: Venres Lúdicos, na Biblioteca Municipal, de 11:30 a 13:30 h
    Torneo de tenis de mesa, no pavillón de Lamas de Castelo, ás 11:00 h.
    Proxección dunha película infantil en Lariño, ás 19:00 h.
    Presentación do libro “A noite branca” de Francisco Fernández Naval “Chisco”, no salón de actos do Concello ás 19:30 h.
  • 05 de xaneiro: Cabalgata dos Reis Magos coa colaboración de varias asociacións culturais municipais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.