Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Carnota brinda a súa homemaxe á Marea Branca

Carnota brinda a súa homemaxe á Marea Branca
Prestige-Lira celebra 10 anos de loita por un Mar de Vida na Costa da Morte

Segue sendo o 10º aniversario da catástrofe do Prestige un dos meirandes focos de actualidade. Mentres seguimos facendo o seguemento especial do #xuízoPrestige e tras vivir como foi foi a homenaxe que o Concello de Muxía lle brindou aos voluntarios reabrindo vellas feridas, hoxe coñecemos unha nova sesión de agradecemento. De agradecemento a todos eses voluntarios que cambiaron a cor do noso litoral.

Desta volta son o Concello de Carnota, as confrarías e colectivos sociais do término municipal, os que quere brindar a súa homenaxe aos Voluntarios. E o fai cunhas completas "Xornadas de análise, debate, lembranzas, encontros, 10 anos despois da catástrofe do Prestige". As citas serán os xoves 6, venres 7 e, sobre todo, sábado 8 de decembro do 2012 nunha carpa en pleno Porto Cubelo, outro dos quilómetros 0 da catástrofe.

Mesas redondas, exposicións, actividades para nenos, un recital poético, un festival musical e cultural e mesmo unha cea solidaria forman o programa, que pretende facer chegar un solplo de recoñecemento aos milleiros de voluntarios de todo o mundo.

Programa das Xornadas polos Voluntarios en Lira

Durante os 3 días, 6, 7 e 8 de decembro, estará aberta a exposición "Prestige: A crise dun modelo enerxético insostible".

O sábado 8 de decembro, terá lugar o groso das xornadas. Ás 11:30h hai Mesa Redonda con pequenos participantes, os alumnos do CEIP Carnota e do IES Lamas de Castelo, baixo o nome "Érase unha vez un barco". Un gran xeito de facer partícipes aos máis pequenos.

Ás 14:00 h. celebraráse un xantar solidario na Carpa do voluntariado que volverá a instalarse. O prezo do menú é de 7 € (bebida aparte).

E para a tarde, toca doble sesión, con proxección e Mesa Redonda. Ás 16:30 proxectarase a documental "As mans dun pobo: A xente do mar contra a marea negra", de Xandra Tedín e Ovidio Fdez.
De contado, chega a mesa redonda para maiores, con grandes protagonistas. Estarán o ex patrón da confraría de lira, José Manuel Gómez Leis; Xaquín Maceiras, de Salvamento Martítimo; Sven Swebchs, creador da plataforma "Voluntarios libres"; Isabel Lago, coordinadora de voluntarios do Concello de Carota; Nano Unzueta, de Nunca máis; David Araújo, coordinador de voluntarios do Concello de Pontevedra; e Lina Rodríguez, Técnica en turismo.

E pola noite terá lugar o Festival musical. Estarán facendo festa "Pentalfa", "Tríade", "Chévere", "Naranjas de China" e "Tanto Ten".

Programa das Xornadas polo Prestige de Lira

Organización comun

Cómpre resaltar a colaboración na organización entre Concello e entidades sociais. De feito, ademais das Confrarías de Lira e O Pindo, participan activamente a Asociacións Canle de Lira, Insua de Lariño, os Tabernícolas do Leiradal, Pedras da Area, O Patín de Carnota, Xurde Caldebarcos, Pedramar do Pindo e a Boca do Río.

Máis informacións e inscricións

Os interesados deberán inscribirse chamando ao tfno. do Concello 981857032, ou ben escribindo ao enderezo-e [email protected].

Novas relacionadas

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Comentarios