Carnota comeza unha campaña de recollida de xoguetes


Se por Muros andan colleitando roupa para o Sáhara, en Carnota a campaña deste Nadal é en clave de xogo e para os pequenos. Así, a concellería de cultura e deportes de Carnota pon en marcha unha campaña de recollida de xoguetes "Ningún nen@ sen xoguetes".
A través desta iniciativa trátase de recoller xoguetes para que os nenos/as de familias con poucos recursos poidan gozar dun agasallo nas festas navideñas. As persoas que desexen facer a súa aportación, poderán acercarse á Casa Consistorial ou aos centros educativos (CEIP Carnota, CEIP Pindo e IES Lamas de Castelo) para deixar todos os xoguetes que queiran doar. Poden facerse donacións ata o 20 de decembro, de luns a venres.
Prégase que os xoguetes estean en bo estado.
Rematado o prazo de entrega, a Concellería de Cultura será a encargada de levar os xoguetes recollidos nesta campaña a Cáritas Muros, para que eles repartan entre as familias máis desfavorecidas. Deste modo, todos os nenos/as poderán gozar dun agasallo nun día tan especial e esperado para eles como é o día de Reis, no que a ilusión e a diversión debe ser o que predomine en todos os nenos/as.
Novas relacionadas
- Muros vólcase co Sáhara cunha Campaña de recollida de roupa.
- A Torre dos Mouros xa ten o seu cómic.
- Carnota brinda a súa homemaxe á Marea Branca.
Fonte
- Concello de Carnota.