A Casa do Mar de Lira acolle unha xornada e posta en valor e Difusión do Patrimonio e a Cultura Mariñeira
21 de outubro de 2025 (10:17 h.)
Continúa en marcha o proxecto “Temporada de Mar” (organizado pola APTCM cos fondos europeos do GALP Costa Sostible), e faino desta volta na Casa do Mar de Lira, cunha Xornada de posta en valor e Difusión do Patrimonio e a Cultura Mariñeira.
A cita, que se desenvolverá este mércores 22 de outubro de 17:00h a 20:30h, incluirá varias accións, como a charla de Mariña Lestón, actriz e autora da obra “Cartografía dun naufraxio”. Tamén estará Manuel Lara, presidente de Buxa Asoc. Galega do Patrimonio Industrial, e Santiago Llovo, autor de obras vinculadas co patrimonio marítimo.
Ademais, tamén poderás participar nunha visita á singular Caseta de Pepe do Cuco.