martes. 21.10.2025
El tiempo

A Casa do Mar de Lira acolle unha xornada e posta en valor e Difusión do Patrimonio e a Cultura Mariñeira

Temporada de mar Carnota
A Casa do Mar de Lira acolle unha xornada e posta en valor e Difusión do Patrimonio e a Cultura Mariñeira

Continúa en marcha o proxecto “Temporada de Mar” (organizado pola APTCM cos fondos europeos do GALP Costa Sostible), e faino desta volta na Casa do Mar de Lira, cunha Xornada de posta en valor e Difusión do Patrimonio e a Cultura Mariñeira.

A cita, que se desenvolverá este mércores 22 de outubro de 17:00h a 20:30h, incluirá varias accións, como a charla de Mariña Lestón, actriz e autora da obra “Cartografía dun naufraxio”. Tamén estará Manuel Lara, presidente de Buxa Asoc. Galega do Patrimonio Industrial, e Santiago Llovo, autor de obras vinculadas co patrimonio marítimo.

Ademais, tamén poderás participar nunha visita á singular Caseta de Pepe do Cuco.

Comentarios