Os meses con R abren a Temporada de Mar, o mellor momento para degustar o noso peixe

Riquísima cita a realizada este pasado domingo 14 de setembro no Mercado Cultural de Fisterra. Daba comezo a campaña Temporada de Mar, promovida pola APTCM a través das axudas do GALP e a Consellería do Mar no marco do FEMPA 2021-27. Unha campaña trata de potenciar o noso produto de mar de temporada, poñendo os meses con R como os mellores momentos para degustar a nosa gastronomía.
O chef do restaurante fisterrán Terra (un dos 3 da Costa da morte con Estrella Michelin) fixo unha apoloxía do produto fresco que temos na nosa comarca. “Isto non o hai en ningún lado” dixo varias veces en alusión, por exemplo, a eses calamares que chegan directos do barco ao restaurante. Propón produto fresco, case en crú, pero que este ben aliñado, segundo ademais as receitas de toda a vida (el medrou no restaurante da súa nai, A Lareira) para poder facermos estas cousas tamén na casa e que vaian pasando de xeración en xeración.
Nese sentido, ofreceu varios trucos, como non limpar o peixe con auga doce.

Fixo unha sardiña marinada con Figo en pan centeno, un longueirón cunha vinagreta e allo blanco; uns calamares e un un salpicón de abadexo en crú que deixou aos afortunados comensais con gañas de máis.

