Completo programa para a Semana Santa en Carnota ca Mostra Víndemo Ver
Xa temos o programa completo da Mostra de Promoción Local Víndemo ver 2014. Un programa cheo de activdades a vila de Carnota durante a Semana Santa. Unha iniciativa municipal que pretende dinamizar os sectores económicos da zona, promovendo os recursos propios. O produto local será o protagonista na Praza de San Gregorio dende ás 11:00h do xoves 2 ata as 21:00h do domingo 5 de abril.
Xa coñecimos máis de preto as probas deportivas (BTT e Carreira Vikinga), pero hoxe queremos repasar as accións culturais.
I é que teremos unha gran Mostra de Artesanía, con xentes como Nacho Porto, Cerámica Unzueta, Charamusca, Taller Nordés, Rosa Higuero, Taller Armona, Taller Viola e Coiro Enxebre. Uns artesáns que farán demostración en directo de coiro, oleiría…
Haberá tamén mercado de produtos agrícolas e gandeiros, dende xabóns, ata mel, prdutos de horta, cervexa artesá, animais de curral…
Paralelamente a xente de O Canto da Balea realizarán actividades de concienciación ambiental marítima a través do xogo cos máis pequenos, durante as tres primeiras mañás.
Pero ollo, que haberá moitas máis actividades. O venres estarán os Gaiteiros de San Mamede toda a mañá e as cantareiras do Rumial de Muros pola tarde, mentres Peter Punk coide dos pequenos.
Para o sábado, serán os gaiteiros de Pedras Miúdas os que fagan o pasarrúas matutino, e os Tabernícolas do Leiradal pola tade.
Novas relacionadas
- 2015: A Semana Santa de Carnota volve con BTT e Carreira Vikinga.
- 2015: Carnota prepárase para un novo MAR de artesanía e agricultura local.
- Víndemo ver 2014: O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
- Víndemo ver 2014: O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).