Carnota prepárase para un novo MAR de artesanía e agricultura local


Non fallamos dende o seu comezo. Aí estivemos no ano da estrea, no 2013 e o ano pasado. E tocará achegarnos este 2015 pola IV Mostra de Promoción Local de Carnota Víndemo Ver.
Unha feira que ten como obxectivo, dinamizar os sectores económicos da zona o Concello de Carnota. Coma sempre, a feira terá lugar durante a Semana Santa, que este ano toca os días 2, 3, 4 e 5 de abril. E o fará na a Praza de San Gregorio no núcleo de Carnota, cun horario de mañá e tarde.
Ademais de Grupos de musica e pasarrúas, obradoiros infantís, actividades deportivas e culturais para todos os públicos, haberá moito para xantar: polbo, empanadas, mel, filloas… Pero os verdadeiros protagonistas serán os postos de Artesanía de Galicia, (demostracións e obradoiros artesáns, entre os que esperamos ver a Nando Lestón e o seu M.A.R. ou Movemento Artístico Rural) e o Mercado de produtos agrícolas e gandeiros (mel, horta, cervexa, confituras, animais de curral…).
Novas relacionadas
- Víndemo ver 2014: O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).