O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota


O produto da casa convertiuse no meirande reclamo da III Mostra Víndemo Ver de Carnota. Unha Mostra que, durante os días de Semana Santa, encheu a vila, ademais de con deporte, con artesanía e agricultura, para convertir Carnota nun auténtico mercado de proximidade, como o refrendan os máis de 20 produtores participantes.
Foron 4 días completos, que mesturaron o mercado, con actividades deportivas como o Open de Pesca, a BTT e a Carreira Viquinga, pero tamén outras culturais como unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo e outra polo Castro de Mallou, un par de accións de reciclaxes para cativos, ou o xantar popular, que servíu para compartir experiencias e dar conta do produto mariñeiro costeiro.
Se ben as vendas parece que puideron ser mellores, a afluencia de público foi notable.
Interesante foi tamén a chegada da caravana de Gústame o Galego, esa iniciativa que percorre o país promocionando a nosa lingua a base de frases tan simbólicas como esta que portan, ao carón dun bo feixe de rabizas, un par de bravos carnotáns.

Novas relacionadas
- O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
- Máis de 20 produtores locais serán os protagonistas da Mostra Víndemo Ver.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).