Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota

O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota
Divertida a Carreira Viquinga de Carnota

Espectacular foi a Semana Santa carnotá. No marco da Mostra Víndemo Ver, había preparadas 3 citas nas que a pesca, o ciclismo de montaña e o atletismo extremo foron protagonista. O venres tocou a III Ruta BTT, o sábado III Open de Pesca A Spinning e o domingo, II Carreira Viquinga, toda unha proba de resistencia.

E máis que competición, o importante foi o goce, o disfrute dunha das paisaxes máis espectaculares do país, coa Boca do Río, o Monte Pindo ou as ladeiras carnotás como protagonistas.

III Ruta BTT Carnota

Saida da BTT Carnota-Foto-Jorge Parri

Non era competitiva a BTT carnotá se non de disfrute. Foron case 300 os ciclistas que sacaron a bici para percorre os 46, ou os 26 quilómetros os menos preparados, da proba.

Foi o carnotán Josecho González Rey o segundo en chegar, mentres que en categoría feminina o podio foi integramente costeiro.

II Carreira Viquinga

Saida dos maiores na Carreira Viquinga de Carnota-Foto.Jorge Parri

Espectacular e divertida a II Carreira Viquinga Concello de Carnota, xa unha referencia para os amantes da aventura. Foron uns 200 os participantes os que rubiron como puideron as costas do olimpo celta. Pero non só os grandes, senon que os pequenos tamén tiveron os seus momentos para demostrar o seu potencial atlético e aventureiro.

Saida dos mais peques da Carreira Viquinga de Carnota-Foto-Jorge Parri Saida dos peques na Carreira Viquinga de Carnota-Foto-Jorge Parri Podios da Carreira Viquinga de Carnota-Fotos-Jorge Parri

Open de pesca

Así, como nos describen os compañeiros de Solorobalizas, foi o II Open de Pesca A Spinning, que organizou a ACDR O Patín. Foi o carnotán Tono Goyanes o que levou o primeiro premio, cunha robaliza de 1960 gramos e 2 agullas de 1.380 gramos, que sumaron os 2.650 puntos para facerse co título.

Tono Goyanes campion do Spinning Carnota 2014-Foto-Solorobalizas

Non foi unha xornada de grandes capturas, non había mar abonda, pero si de disfrutar dunha paraxe incomparable. Os participantes, chegados de todas partes do país, gozaron da costa carnotá e das 5 horas de pesca tranquila.

Fermosas paraxes no Spinning Carnota 2014-Foto.Solorobalizas Daniel Castro de Quilmas foi segundo-Foto-Solorobalizas

De Quilmas foi o segundo clasificado, Daniel Castro Piñeiro, cun róbalo de 2430 gramos, por diante de Daniel García, de Catoira.

Todas as capturas foron doadas ao comedor social de Cáritas Cee.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios