Convocan unha nolimpeza na praia de Panchés no marco do proxecto "Cóidame"

A Confraría do Pindo, o Concello de Carnota e Stolt Sea Farm Prodemar unen forzas no marco do proxecto “Cóidame”. A iniciativa, que ten como obxectivo principal sensibilizar medioambientalmente mediante a formación e a recollida de lixo mariño da contorna do pósito pindexo, convoca a toda a veciñanza a participar nunha nova limpeza.

A cita será este sábado 27 de abril na praia da Insuela, Panchés. A quedada será ás 10:00h e para cubrir o seguro cómpre inscribirse no 981 764 815, no 667 393 173 ou en confrariapindo@gmail.com.

Máis novas