Mar de Fábula denuncia o constante vertido de microplásticos procedentes de terra na praia das Salseiras

Unhas 20 persoas de todas as idades (chegadas dende Malpica, A Laracha, A Coruña, Arteixo ou San Sadurniño), secundaron o chamamento de Mar de Fábula para limpar o areal das Salseiras en Caión, no Concello da Laracha.
A entidade quere con esta limpeza visibilizar a denuncia realizada xa no Seprona, para investigar a orixe en terra dun continui vertido de microplásticos. Porque se dende o aparcamento o areal parecía limpo, a pé de area se comprobaron milleiros de pellets de resina e de microplásticos, que forman parte xa deste fermoso curruncho da costa, dende fai moito tempo.
Ademais dos micrplásticos, a colleita de lixo foi variada:
- 334 Bastonciños de algodón.
- 11 aplicadores de tampóns.
- 9 cabichas e boquillas de plástico.
- 135 Tapóns das botellas de plástico.
- 19 cordas e cordeis.
- 12 Paos plástico das bateas do mexillón.
- 9 Precintos cremas solares.
- Milleiros de anacos de plástico imposibles de cuantificar.
”Volveremos á praia das Salseiras, pero as nosas accións deberían de ir da man das autoridades e organismos pertinentes para ir pechando billas de contaminación”, alertan dende a entidade.