Convocan unha nolimpeza na praia de Panchés no marco do proxecto "Cóidame"
![Proxecto Coidame Limpeza Panches hrande](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/04/25/2024042512594560469.jpg)
13:02 25/04/24
A Confraría do Pindo, o Concello de Carnota e Stolt Sea Farm Prodemar unen forzas no marco do proxecto “Cóidame”. A iniciativa, que ten como obxectivo principal sensibilizar medioambientalmente mediante a formación e a recollida de lixo mariño da contorna do pósito pindexo, convoca a toda a veciñanza a participar nunha nova limpeza.
A cita será este sábado 27 de abril na praia da Insuela, Panchés. A quedada será ás 10:00h e para cubrir o seguro cómpre inscribirse no 981 764 815, no 667 393 173 ou en [email protected].