As crebas son arte no Pindo
29 de maio de 2025 (08:39 h.)
Acolleu a Confraría de Pescadores do Pindo esta semana dous talleres para adultos sobre sensibilización ambiental e creativa con crebas. No marco do proxecto conxunto de rexollida de lixo mariño das Confrarías de Muros e O Pindo, o pósito carnotán acolleu dúas xornadas cheas de maxín.