Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota

Tiveron que acodir os Bombeiros de Cee para excarcelar unha persoa que sufría un accidente esta pasada madrugada de venres a sábado, arredor da 1:00h. O vehículo envorcaba na AC-550, ao seu paso polo lugar do Pindo e a vítima tivo que ser liberada tras quedar atrapada no interior do coche. Foi trasladada por Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia.

Tras liberar á vítima, retiraron o vehículo, que invadía os dous carrís da calzada, os membros do GES de Muros levaron a cabo unha limpeza na vía.

Incendio dunha cheminea en Coristanco

Bombeiros nunha cheminea de Agualada

Eran as 19:00h da tarde de onte venres cando no lugar de Outeiro, Agualada, Coristanco, avisaban ao 112 dun incendio nunha cheminea dunha casa unifamiliar onde a parte superior do capuchón esta e lapas. Os Bombeiros de Carballo procederon acceder a ó tellado da casa nunha mangueira e rociar todo ó interior da cheminea para extinguir ó lume mais baixar a temperatura da mesma.
Posteriormente revisaron todo ó interior da vivenda para descartar calquera radiación a consecuencia da temperatura.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).