venres. 07.08.2026
El tiempo

A maxia lírica protagoniza a terceira edición de "Ópera en Carnota"

Pildoras Maxestuosas no Horreo de Carnota no LiriCarnota-Foto-Santi Lira
As Píldoras Maxestuosas no Hórreo de Carnota no LiriCarnota-Foto-Santi Lira
A maxia lírica protagoniza a terceira edición de "Ópera en Carnota"

Avanzan as máxicas xornadas da terceira edición de "Ópera en Carnota", organizada pola Asociación LiriCarnota. Dende o mércores a vila carnotá acolle estas singulares xornadas nas que a música lírica baixa dende os ceos para arraigarse a pé de rúa, a pé de cabazo.

Como aconteceu no mediodía deste xoves, coas "Píldoras maxestuosas" da compañía Diabolus in Música, que fixeron as delicias de moitas persoas participantes cos seus espectáculos representados ao pé do hórreo de Carnota, no Faro de Lariño, na Praia Boca do Río ou no Paseo Mar de Lira.  

Pildoras Maxestuosas no Horreo de Carnota no LiriCarnota-Foto-Santi Lira 2
Diabolus in Música no LiriCarnota-Foto-Santi Lira

Xusto antes, o "Má(go)estro" traía un espectáculo musical que reuniu ducias de familias e crianzas. A actuación, baseada en debuxos e concibida como unha experiencia interactiva entre o solista e o público, converteu a música na protagonista da mañá.

Magoestro na LiriCarnota-Foto-Santi Lira
Magoestro na LiriCarnota-Foto-Santi Lira

 

O venres, a última xornada

O programa culminará o venres 7 de agosto, ás 21:30 horas, co Gran Evento en Horta de Ana (Vilar de Carnota, 75), unha gala de aproximadamente dúas horas de duración dedicada á ópera e á zarzuela.
O concerto contará coa mezzosoprano María Luisa Corbacho, o tenor Vicenç Esteve, o barítono Manel Esteve e o pianista Jesús López, todos eles intérpretes con amplas carreiras artísticas.

Comentarios