Hugo Roget, primeiro premio do concurso de debuxo de Stolt Sea Farm no Mar na Escola

Onte tiña lugar a clausura do programa O Mar na Escola Xogando co Vento 2018, no que máis de 400 nen@s da bisbarra aprenderon a coñecer o mar a través da vela e en horas lectivas. No marco deste pioneiro programa, a colaboración da empresa Stolt Sea Farm incluía a organización do primeiro premio do I concurso de debuxo “A crianza do Rodaballo". Onte,  Hugo Roget Dominguez recibiu o primeiro premio, pois o seu debuxo destacou polo seu valor artístico e pola clara expresión da cadea de valor da crianza do rodaballo. A finalidade do concurso era dar a coñecer a acuicultura, as súas vantaxes e os beneficios do consumo de peixe na dieta infantil, a través do fomento da creatividade e a participación activa dos alumnos. A temática debía versar sobre a acuicultura mariña en terra, facendo referencia ao rodaballo. O premio consistiu nun kit de merchandising e na visita do curso do premiado ás instalacións que a empresa ten en de Lira, Carnota. A visita tivo lugar o pasado 15 do mes en curso e os nenos tiveron a oportunidade de coñecer unha granxa de preto e de aprender todo o proceso de cría. A experiencia foi moi positiva e a empresa considera realizar unha segunda edición o próximo ano.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fin-de-curso-para-as-aulas-de-vela-do-pioneiro-programa-o-mar-na-escola/