Laura Suárez presenta o seu libro do Monte Pindo no Pindo

Laura Suárez durante a presentación do libro celebrada en xaneiro no Ézaro

Xa o presentou do lado dumbriés e este sábado tócalle facelo na parte carnotá. A Confraría de Pescadores do Pindo acolle este sábado a presentación do libro “Monte Pindo, Historias e Lendas do Olimpo celta”. Un libro infantil, editado por Galaxia, que serve para espallar todo o legado inmaterial do monte costeiro ás nosas crianzas.

A cita será ás 12:00h e a ilustradora ceense asinará exemplares.

NOVAS RELACIONADAS