A ilustradora ceense Laura Suárez presentou o seu libro sobre o Monte Pindo
”Monte Pindo. Historias e Lendas do Olimpo Celta”, xa está na rúa. O libro ilustrado e educativo realizado pola ilustradora ceense Laura Suárez e editado por Galaxia xa tivo ademais a síua presentación oficia.
Foi no marco da pérgola da Fervenza do Ézaro, ás faldas do Olimpo Celta, acompañado por José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. No acto, presentado pol a concelleira de Cultura de Dumbría, María Lema, e na que tamén estiveron xentes como Pepe do Fieiro (recoñecido polo mesmo Pequeño) ou o alcalde de Carnota, Laura amosa toda a maxia que encerra esta mítica mole de granito multicolor.
Ademais da súa historia e xeoloxía, Laura, unha das mulleres da rede “Todas Nós” fala de lendas e mitos para deixar patente a maxia que ten este espazo natural. Tivo que aprender moito falando e falando con arqueólog@s, historiador@s, xeólog@s, veciñ@s… para focalizar na idea de que para conservar hai que coñecer. Ela teno claro, pois é das leva subindo dende cativa ao cumio.
Pequeño Castro, Laura Sánchez e Francisco Castro
Fotos do Concello de Dumbría