luns. 02.12.2024
El tiempo

A ceense Laura Suárez presenta o seu primeiro cómic na casa

Laura Suarez Cee
Laura Suárez estrea o seu primeiro cómic en Ler Librerías
A ceense Laura Suárez presenta o seu primeiro cómic na casa

Este sábado 22 de xuño, ás 12:0oh, Ler Librerías Cee acolle unha presentación moi especial. A ilustradora da vila da Xunqueira Laura Suárez (1994), presenta o seu primeiro cómic, “Los Cuentos de la Niebla”, editado por Dibbuks. Unha presentación na que tamén estará a súa inspiradora da historia, que non é outra que a súa avoa María Dolores Moledo Canosa, quen relatará algunhas destas historias.

Porque “Los Cuentos de la Niebla” está inspirado na súa infancia, no tempo que compartía coa súa avoa, e as lendas que lle contaba ao carón do lume dunha lareira: a Santa Compaña, os meigallos, os aires ou os demos… son os protagonistas destes contos atemporais, que Laura ambienta nunha aldea nos anos 30, na preguerra, unha aldea sen luz eléctrica e con camiños se cabe mais tenebrosos pola néboa. As historias, xunto coas imaxes de afiadas mans e lánguidas persoaxes, farán que a mais de un dos presentes lle percorra un escalofrío polas costas.

Los Cuentos de la Niebla de Laura Sanchez

Laura Suárez medrou en Cee entre os cómics e albums ilustrados que lle regalaban seus pais, facendo medrar a súa paixón pola literatura e o debuxo. Marchou da bisbarra para aprender. Despois de graduarse en Belas Artes na Universidad Politécnica de Valencia, trasládase a Barcelona, onde reside na actualidade, a cursar un Máster en Ilustración e Cómic na Escuela Elisava.

Realizou publicacións en “180 hilos”, a revista Cocoter e a editorial Baula, do grupo Edelvives. Sempre cun estilo inspirado por grandes da ilustración coma Júlia Sardà, Emily Carroll, SangMiao o Zuzana Čupová.

O evento servirá ademais para celebrar os ano do 35 aniversario de Ler Librerías Santa Comba, xerme da que sería a primeira franquicia de librerías en España.

Presentacion do libro Los Cuentos de la Niebla de Laura Sanchez

Novas relacionadas

Comentarios